Que é Geas?

O Grupo de Estudio dos Animais Salvaxes, G.E.A.S., comeza as súas andanzas en Santiago de Compostela no ano 2003.

Esta asociación xurde froito das inquedanzas duns xóvenes biólogos, xóvenes tamén en espírito, estando cheos de novas ideas e entusiasmo.

As xentes que forman parte de G.E.A.S., levan anos adicados ó coñecemento da fauna e flora das terras e mares da Galiza, e, chegado un momento, decidiuse compartir estes coñecementos transmitíndoos ás novas xeracións e atoda aquela xente interesada no tema. Deste xeito unha grande parte das actividades da asociación está enfocada hacia a xente moza, tentando acercar a todo o mundo o coñecemento da "bichería" que nos rodea, e que poucos coñecemos.

Así mesmo trátase de inculcar un respeto por todas as especies vivas e polo Medio Ambiente en xeral, ensinando unhas nórmas básicas de comportamento ambiental e conservacionismo.

Se queres ser partícipe das nosas actividades podes escribirnos ao noso correo e te poremos ao día da actividade ou actividades que che interesen.

Tamén podes estár en contacto contínuo connosco seguíndonos en facebook ou en twitter, ou no noso foro, medios onde compartimos as nosas ideas, e que son un dos principais vehículos de comunicación entre os socios para as saídas de campo e outras actividades que realizamos ao longo do ano.

Información de contacto

Contáctanos. Emprega o formulario para unha resposta rápida
  • MÓVIL: 669 235 209 / 656 532 582
  • MAIL: grupogeas@grupogeas.org

facebook.png Twitter.png

Formulario de contacto

Todos os campos son requiridos
Aos efectos do establecido na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e o Real Decreto 1720/2007, comunicámoslle que os seus datos de Carácter Persoal forman parte dunha base de datos xestionada baixo a responsabilidade de GEAS, Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes coa finalidade de ser incorporado ao ficheiro SOCIOS, o cal se atopa rexistrado na AEPD, tal e como establece a normativa legal, a este respecto.
GEAS, Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes, como Responsable do Ficheiro, permítelle exercitar os seus Dereitos ARCO, (acceso, rectificación, cancelación e oposición), a través dun medio gratuíto na seguinte dirección de correo postal: rúa das Barreias, nº 80, 3º, 15702, Santiago de Compostela.

Novas

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos