Que é GEAS?

O Grupo de Estudio dos Animais Salvaxes, G.E.A.S., comeza as súas andanzas en Santiago de Compostela no ano 2003. Esta asociación xurde froito das inquedanzas duns xóvenes biólogos, xóvenes tamén en espírito, estando cheos de novas ideas e entusiasmo.

As nosas actividades

Dentro das nosas actividades se engloban multitude de facetas que abarcan cursos de formación, actividades de educación ambiental, así coma proxectos de investigación de carácter científico

Por que ser Socio/a?

Tódolos socios e socias de G.E.A.S., terán beneficios tales como descontos na matrícula dos cursos que se organicen e a posibildade de participar activamente en tódalas actividades da asociación.